Entrevista con...

Autores/as

  • Consejo de Redacción Revista Enfermeir@s Ilustre Colegio Oficial de Enfermería de Lugo

Palabras clave:

Entrevista, Opinión, Enfermaría

Resumo

  • Entrevista a D. Eleuterio Louzao, director xerente do Hospital Comarcal de Monforte: cales son os principais retos ou obxectivos que ten formulados neste momento a xerencia? Os obxectivos veñen definidos no protocolo interno de actividade-financiación que anualmente subscriben o SERGAS e o equipo directivo en representación deste centro sanitario.
  • Entrevista a D. Pablo Mosquera Mata, director xerente do Hospital da Costa. Burela: sábese que vostede se dedicou á política en Euskadi. Cal cre que foi a súa contribución á política? A miña contribución á política podería concretarse en tres puntos: primeiro, achegar a visión que da sociedade e dos seus problemas ten un médico con moitos anos de exercicio, a feito a aplicar sempre o esquema diagnóstico e tratamento.
  • Entrevista a D. Ramón Ares Rico, director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Calde: no mes de agosto de 2002 o Dr. Ramón Ares Rico, xerente do hospital de Burela, na Mariña, deixa o cargo que ocupaba desde agosto de 2000 para incorporarse, en setembro dese mesmo ano, á dirección xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde Lugo. Substitúe ao Dr. Fernando Varela, daquela xerente deste mesmo Complexo Hospitalario.
  • Entrevista a D. Pilar Méndez Arias, presidenta da Xunta de Persoal da Área Norte. Que opinión ten da actuación, ata o día de hoxe, do actual xerente do Hospital da Costa, D. Pablo Mosquera Mata? Non son moitos os meses que leva no cargo para poder facer unha valoración totalmente obxectiva sobre o novo director xerente deste hospital. Persoalmente vexo que a súa vida política anterior deixou pouso nel; de feito, as súas primeiras actuacións son as dun político: ten moito contacto cos traballadores, en raras ocasións se mostra contrario ás propostas que se lle fan, pero, ao final, adopta decisións continuistas, como no caso das reivindicacións do persoal de enfermaría da planta de Xinecoloxía, no sentido de non asumir as urxencias na planta; ao final a decisión foi seguir como estaban.
  • Entrevista a D. Xosé Vázquez Pérez, presidente da Xunta de Persoal da Área Centro. Chámase Xosé Vázquez Pérez, ten praza en propiedade de celador no Materno-Infantil desde abril de 1982. Posúe tamén o título de TER, pero nunca exerceu nesta profesión. Foi elixido delegado sindical por primeira vez no ano 1984 e desde aquela participa activamente no sindicalismo nacionalista, ben como delegado sindical, ben asumindo outras responsabilidades. Na última etapa tocoulle presidir a Xunta de Persoal, despois de encabezar a candidatura de CIG-Saúde nas eleccións celebradas en marzo de 1999, hai xa catro anos (no vindeiro mes de marzo remata o mandato).
  • Entrevista a D. Jorge Guardiola Real, presidente da Xunta de Persoal da Área Sur. Que é a Xunta de Persoal? Que membros a compoñen? Que categorías inclúe? A Xunta de Persoal é un órgano colexiado que representa os traballadores dentro do sector e está formada por representantes elixidos por eles entre as candidaturas presentadas. Na actualidade, as Xuntas de Persoal están asociadas en comisións delegadas de atención primaria e especializada, cuxa suma conforma a Xunta de Persoal.
   

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

N/A

##submission.downloads##

Publicada

2025-11-30