Información xeral sobre eventos

Autores/as

  • Consejo de Redacción Revista Enfermeir@s Ilustre Colegio Oficial de Enfermería de Lugo

Palabras clave:

Enfermaría, Sociedade, Recoñecemento

Resumo

O Nadal 2005: Un ano máis, o aforo desbordou as previsións dos organizadores, que souberon estar á altura da situación.

Festa de Enfermaría 2006: O día 21 de abril deste ano 2006 tivo lugar no restaurante La Palloza de Lugo a Festa Anual de Enfermaría, coa que cada ano o Colexio quere recoñecer o labor das nosas compañeiras e compañeiros.

Premios de Enfermaría 2005/2006: Aínda que sabemos que sae con retraso, polo que xa nos temos desculpado moitas veces na editorial, non podiamos deixar de contarvos como a Festa de Enfermaría de 2005 (o ano pasado) deixou vacante o primeiro premio do Premio Anual Muralla de Lugo 2005.

Premios de Enfermaría Faustino Vilar 2005/2006: O día 22 de abril de 2005 outorgóuselle o premio de Enfermaría “Faustino Vilar” ao compañeiro D. Ildefonso Piñeiro, practicante xubilado de Chantada, pola súa traxectoria profesional e o seu bo facer enfermeiro. Neste ano 2006 o Colexio de Enfermaría de Lugo concedeu este galardón, que é o máximo recoñecemento que outorga o Colexio, á compañeira Mª Elena Grandío Fraga (Malena).

Eleccións do Colexio de Enfermaría: O día 26 de novembro de 2005, como todos sabedes, tiveron lugar as eleccións do Colexio de Enfermaría de Lugo. Nesta ocasión resultou elixida a candidatura presentada por D. Miguel Fernández Méndez.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

N/A

##submission.downloads##

Publicada

2025-11-02