Intervencións enfermeiras no Síndrome Confusional Agudo no Ancián: unha revisión bibliográfica.

Autores/as

  • Juan Polo Moreno Enfermero Residente R2 Enfermería Geriátrica y Gerontológica

Palabras clave:

Enfermeira, Enfermaría Xeriátrica, Coidados de Enfermaría, Delirio, Desordes Neurocognitivos, Idade

Resumo

Introdución:
Galicia presenta un índice de envellecemento do 218.09% en 2023, situándose como a segunda comunidade autónoma máis envellecida do Estado. O delirium ou síndrome confusional agudo é unha das alteracións mentais máis prevalentes e menos recoñecidas nos maiores hospitalizados, con graves consecuencias como maior mortalidade, dependencia funcional e prolongación da estancia hospitalaria. A súa detección precoz e manexo adecuado son fundamentais para mellorar o prognóstico.

Obxectivo:
Descrición do papel da enfermaría no manexo do adulto maior agitado e identificación de medidas preventivas e ferramentas útiles para a súa intervención.

Metodoloxía:
Revisión bibliográfica en bases de datos como PubMed, CUIDEN, CINAHL, LILACS e Cochrane, empregando termos MeSH e DeCS. Seleccionáronse estudos publicados entre 2010 e 2024, centrados en pacientes hospitalizados en unidades de agudos.

Resultados:
Foron seleccionados 9 artigos, incluíndo revisións sistemáticas, estudos de cohortes e artigos monográficos. Identificáronse programas como HELP e EWE, así como ferramentas para a detección do delirium (CAM, 4AT, NuDESC). As intervencións enfermeiras inclúen prevención mediante hidratación, mobilización precoz e orientación, así como manexo con soporte psicolóxico e tratamento das causas subxacentes.

Conclusión:
A prevención e o manexo do delirium requiren ferramentas adaptadas ao ámbito hospitalario e formación específica para o persoal de enfermaría. A implementación de programas como HELP demostrou reducir a estancia hospitalaria e mellorar os resultados clínicos, destacando o papel esencial da enfermaría na atención ao paciente maior.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

INE [Internet]. [citado 13 de enero de 2024]. Índice de Envejecimiento por comunidad autónoma(1452). Disponible en: https://www.ine.es/jaxiT3/Datos.htm?t=1452

Tratado de medicina geriátrica: fundamentos de la atención sanitaria a los mayores. 2a ed. Barcelona [etc.]: Elsevier; 2020.

Tobar E, Alvarez E. DELIRIUM EN EL ADULTO MAYOR HOSPITALIZADO. Rev Médica Clínica Las Condes. 1 de enero de 2020;31(1):28-35.

SEGG [Internet]. [citado 15 de enero de 2024]. Grupo de trabajo “Delirium”. Disponible en: https://www.segg.es/participacion/grupos-de-trabajo/delirium

Wilson JE, Mart MF, Cunningham C, Shehabi Y, Girard TD, MacLullich AMJ, et al. Delirium. Nat Rev Dis Primer. 12 de noviembre de 2020;6(1):90.

Jayita De, Wand ARF. Delirium Screening: A Systematic Review of Delirium Screening Tools in Hospitalized Patients. Gerontologist. diciembre de 2015;55(6):1079-99.

Coyle MA, Chang HC, Burns P, Traynor V. Impact of Interactive Education on Health Care Practitioners and Older Adults at Risk of Delirium: A Literature Review. J Gerontol Nurs. 2018;41-8.

Blodgett TJ. Delirium prevention and management in hospitalized older adults. Nurse Pract. mayo de 2023;48(5):12-9.

Bristol AA. Geriatric nurse involvement during intra-hospital transitions. Geriatr Nurs N Y N. 2019;40(5):543-5.

Seeganna C, Antai-Otong D. Managing the Care of the Older Patient with Delirium and Dementia. Nurs Clin North Am. 2016;261-73.

Zachary W, Kirupananthan A, Cotter S, Barbara GH, Cooke RC, Sipho M. The impact of Hospital Elder Life Program interventions, on 30-day readmission Rates of older hospitalized patients. Arch Gerontol Geriatr. 2020;86:103963.

Bee Gek Tay L, Chew Chan MP, Sian Chong M. Functional improvement in hospitalized older adults is independent of dementia diagnosis: experience of a specialized delirium management unit. J Hosp Med. 2013;321-7.

Lee-Steere K, Liddle J, Mudge A, Bennett S, McRae P, Barrimore SE. «You’ve got to keep moving, keep going»: Understanding older patients’ experiences and perceptions of delirium and nonpharmacological delirium prevention strategies in the acute hospital setting. J Clin Nurs. julio de 2020;29(13-14):2363-77.

Coyle MA, Burns P, Traynor V. Is it My Job? The Role of RNs in the Assessment and Identifi cation of Delirium in Hospitalized Older Adults. J Gerontol Nurs. abril de 2017;43(4):29-37.

Hasemann W, Tolson D, Godwin J, Spirig R, Frei IA, Kressig RW. Nurses’ Recognition of Hospitalized Older Patients With Delirium and Cognitive Impairment Using the Delirium Observation Screening Scale: A Prospective Comparison Study. J Gerontol Nurs. diciembre de 2018;44(12):35-43.

##submission.downloads##

Publicada

2025-08-26