Conecta 72

Autores/as

  • María José Ferreiro López SERGAS

Palabras clave:

Sociedade, Enfermaría, Opinión

Resumo

Abril 2016. Chamáronme desde Recursos Humanos do Sergas para realizar unha substitución en Atención Primaria, concretamente nun Centro de Saúde da área norte da provincia de Lugo. O centro mencionado dá cobertura a unha poboación de 1900 habitantes e conta con dous médicos e un enfermeiro como sanitarios locais.

Este contrato representaba a miña primeira substitución en Atención Primaria, un ámbito marabilloso durante a carreira pero descoñecido ata cinco anos despois de rematar os estudos. Isto débese a que as intersubstitucións cobren case todas as ausencias dos titulares, deixando á lista de contratacións con poucas oportunidades de prestar servizos en Atención Primaria.

A Atención Primaria ofrece a posibilidade de aplicar a prevención primaria, desenvolver programas dirixidos á poboación segundo patoloxías e idade, e proporcionar coidados domiciliarios específicos e adaptados a cada individuo. Teoricamente, é algo excepcional e tremendamente satisfactorio.

Recibín este contrato con moita alegría, xa que inicialmente tratábase de substituír á titular intervida para a colocación dunha prótese de cadeira. Supuxen que podería significar varios meses traballando en Atención Primaria, gozando dunha importante autonomía e planificación de coidados.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

NA

##submission.downloads##

Publicada

2025-09-05