Manexo da dor en úlcera vascular mediante a aplicación de apósito hidropolimérico con ibuprofeno (0,5 mg/cm²).

Autores/as

  • María García Rivera SERGAS
  • María Gloria Prado Maciñeiras SERGAS

Palabras clave:

Úlcera, Dor, EVA, Exudado, Terapia de Compresión

Resumo

O obxectivo principal é avaliar a eficacia dun novo produto que combina escuma de poliuretano con ibuprofeno (0.5 mg/cm²) nun usuario con úlcera venosa postrombótica en membro inferior dereito (MID), tratado nun centro de Atención Primaria.

Realízanse curas cada 48 horas con fomentos de solución descontaminante, apósito hidropolimérico con ibuprofeno, crema barreira na pel perilesional e vendaxe elástica compresiva. Posteriormente, unha vez controlado o exudado, espázanse as curas cada 3-4 días. Como instrumento de medida utilízase a escala EVA (Escala Visual Analóxica).

Durante un período de curas aproximado de 2 meses, a lesión evolucionou favorablemente, reducindo notablemente a dor a valores de 2-3 (leve-moderada) segundo a escala EVA.

A utilización de apósitos que combinan diferentes substancias, como o utilizado, xunto con crema barreira para a pel perilesional e vendaxe compresiva, permitiu unha mellor xestión da lesión, diminuíndo a dor e mellorando o control do exudado.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

Marinel.lo-Roura J. Úlceras de la Extremidad Inferior. 2ª Ed. Barcelona: Glosa SL; 2011.

Documentos www.1aria.com. Escalas de valoración del dolor. Guía práctica clínica.

Consenso sobre úlceras vasculares y pie diabético de la AEEVH. 2017

##submission.downloads##

Publicada

2025-09-05

Número

Sección

Reportes breves, Casos Clínicos e Notas de Enfermaría