A enfermaría escolar: unha necesidade sentida. Nivel de coñecementos percibidos por docentes na cidade de Lugo

Autores/as

  • Jenifer Souto Pérez Redactora Enfermeir@s. SERGAS

Palabras clave:

Enfermaría Escolar, Primeiros Auxilios, Accidentes, Profesores

Resumo

O obxectivo principal é analizar a necesidade percibida de apoio por parte de profesionais de enfermaría, en relación coa saúde dos estudantes.
As enfermidades crónicas (epilepsia, diabetes) e os accidentes (caídas, esguinces) son os principais problemas de saúde que aborda o equipo docente dos centros concertados estudados.
O profesorado manifesta ter capacidade suficiente para actuar ante feridas pequenas, hemorraxias nasais e desmaios. Porén, manifesta unha capacidade insuficiente para actuar ante paradas cardiorrespiratorias, atragoamentos ou feridas grandes.
Un 68% do profesorado cualifica o seu nivel de formación en primeiros auxilios como moi escaso ou regular e só o 32% considérao bo ou moi bo.
Unha alta porcentaxe do equipo docente refire a necesidade da implantación da figura da enfermeira/o escolar no ámbito educativo.
A insuficiente formación do equipo de profesores/as dos centros educativos xunto co aumento progresivo de estudantes con patoloxías crónicas que precisan atención sanitaria, require do apoio por parte de profesionais de enfermaría.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

Asociación Madrileña de enfermería en centros educativos [en línea] [ fecha de consulta: 20 de julio de 2018] Disponible en: http://amece.es/

Asociación Madrileña de Enfermería en Centros Educativos (AMECE). Perfil de enfermería escolar. Madrid. 2009

Winland J, Shannon A. School staff’s satisfaction with school heatlh services. J Sch Nurs. 2004

Yan Wang L, Sheetz A. Study of School Nursing Services. JAMA Pediatr. 2014.

Martín A. Educación para la salud en primeros auxilios dirigida al personal docente en ámbito escolar. Enferm Univ. 2015

Alonso Peña N, Campo Briz M. Necesidad percibida de formación sanitaria de los profesores de Educación Primaria. Nuber Científ. 2014; 2(13): 25 – 31.

##submission.downloads##

Publicada

2025-09-05

Número

Sección

Reportes breves, Casos Clínicos e Notas de Enfermaría