Encefalopatía hepática

Autores/as

  • Mª Ángeles Castro López SERGAS

Palabras clave:

Encefalopatía, Enfermaría, Proceso Asistencial

Resumo

É un empeoramento da función cerebral que ocorre cando o fígado xa non é capaz de eliminar ou transformar as substancias tóxicas do sangue (producidas polo corpo ou medicamentos) e volvelas inofensivas. Cando o fígado se danifica, estas substancias poden acumularse no torrente sanguíneo. O amoníaco (produto da dixestión das proteínas) é unha das substancias que normalmente o fígado transforma en inofensiva. A afección atópase con maior frecuencia en persoas con enfermidade hepática crónica (cirróticos ou hepatitis). A presentación clínica habitual é un deterioro cognitivo-condutual que se manifesta en estadios precoces como sonolencia, bradipsiquia, bradilalia e alteración do patrón do sono (vigilia).

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

Cuidados de Enfermería. Editorial McGraw-Hill Interamericana. 2000

Principios de Medicina Interna Harrison. Editorial McGraw-Hill. 2002

Trastornos gastrointestinales. Editorial Mosby-Doyma Libros SA. 1995

www.medlineplus.com

##submission.downloads##

Publicada

2025-09-06