Hipotermia terapéutica despois dunha parada cardíaca. Coidados de enfermaría

Autores/as

  • Paula Montoya Rodríguez SERGAS

Palabras clave:

Parada Cardiorespiratoria, Hipotermia Terapéutica, Coidados en Enfermaría

Resumo

A parada cardiorrespiratoria (PCR) afecta a máis de 24.500 persoas en España cada ano, sendo considerada un dos principais problemas dos países desenvolvidos. Mediante este traballo realizouse unha revisión bibliográfica sobre os coidados posparada cardíaca e imos centrarnos no único tratamento que demostrou beneficios no tratamento do síndrome posparada (SSP), que é a hipotermia terapéutica (HT).

Para iso utilizáronse bases de datos como PubMed, Dialnet, Cuiden ou Medes, ademais doutros recursos. A aplicación da HT demostrou ser beneficiosa tras a PCR grazas ao seu efecto neuroprotector; con todo, non hai consenso sobre moitos aspectos, como a temperatura obxectivo ou o mellor método de arrefriamento.

Recoméndase a súa utilización en pacientes adultos comatosos tras a reanimación dun ritmo desfibrilable, iniciándose canto antes, cunha duración que vai das 12 ás 24 horas. Para que o tratamento sexa efectivo, é fundamental a intervención de enfermaría mediante a aplicación de distintos coidados.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.downloads##

Publicada

2025-09-03

Número

Sección

Reportes breves, Casos Clínicos e Notas de Enfermaría