Prevalencia de infección por SARS-CoV-2 no persoal sanitario tras a implantación dun protocolo de manexo do equipo de protección individual

Autores/as

  • Emilio Rubén Pego Pérez Enfermero, PhD, Universidad de Santiago de Compostela. Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes, Lugo https://orcid.org/0000-0001-5515-9172
  • Rebeca Iglesias Barreira Farmacéutica, MSc. Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes, Lugo
  • Cristina López Pardo y Pardo Farmacéutica, MSc. Sanatorio Nosa Señora dos Ollos Grandes, Lugo

Palabras clave:

COVID-19, SARS-CoV-2, Prevalencia, Persoal da Saúde, Equipo de Proteción Individual

Resumo

Introdución: A finais de decembro de 2019, a cidade chinesa de Wuhan reportou unha nova pneumonía causada polo síndrome respiratorio agudo por coronavirus COVID-19. En marzo de 2020 confirmáronse máis de 720.000 casos e 33.000 mortes atribuíbles a esta enfermidade. O uso adecuado dos equipos de protección individual reduciu o risco de infección a un grao moderado no persoal sanitario.
Obxectivo: Determinar a prevalencia de infección no persoal sanitario que estivo en contacto con casos posibles ou confirmados de SARS-CoV-2 no noso centro, comparar dita prevalencia coa prevalencia en España e aproximarse ao mecanismo de infección do persoal sanitario.
Método: Estudo observacional, descriptivo e retrospectivo realizado entre o 16 de marzo e o 11 de maio de 2020 no persoal sanitario con atención a pacientes con SARS-CoV-2 confirmado. O diagnóstico de infección positiva por SARS-CoV-2 estableceuse a través da anamnesis clínica, reacción en cadea da polimerase e determinación serolóxica de IgG e IgM.
Resultados: O 100% do persoal sanitario cumpriu o protocolo tras a súa implantación, e o 3,7% foi positivo para infección por SARS-CoV-2. A prevalencia estatal de infección foi do 24,1%. Non se puido establecer o mecanismo nin a orixe da infección no persoal sanitario; con todo, os dous profesionais infectados foron usuarios durante unha semana de máscaras de protección respiratoria N95 retiradas polas autoridades sanitarias.
Conclusión: A prevalencia de infección por SARS-CoV-2 no persoal sanitario foi do 3,7%, inferior á prevalencia no resto do país. Non se puido establecer o mecanismo da infección.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

Ehrlich HY, Harizaj A, Campbell L, Colt M, Yuan K, Rabatsky-Ehr T, et al. SARS-CoV-2 in nursing homes after 3 months of serial, facilitywide point prevalence testing, Connecticut, USA. Emerging infectious diseases [Internet]. 2021 [citado: abril 2022];27(5):1288. DOI: https://doi.org/10.3201/eid2705.204936

Della Monica A, Ferrara P, Dal Mas F, Cobianchi L, Scannapieco F, Ruta F. The impact of Covid-19 healthcare emergency on the psychological well-being of health professionals: a review of literature. Ann Ig [Internet]. 2022 [citado: abril 2022];34(01):27-44. DOI: 10.7416/ai.2021.2445

Del Pozo-Herce P, Garrido-García R, Santolalla-Arnedo I, Gea-Caballero V, García-Molina P, Ruiz de Viñaspre-Hernández R, et al. Psychological impact on the nursing professionals of the Rioja health service (Spain) due to the SARS-CoV-2 virus. Int. J. Environ. Res. Public Health [Internet]. 2021 [citado: abril 2022];18(2):580. DOI: https://doi.org/10.3390/ijerph18020580

Colaneri M, Novelli V, Cutti S, Muzzi A, Resani G, Monti MC, et al. The experience of the health care workers of a severely hit SARS-CoV-2 referral Hospital in Italy: incidence, clinical course and modifiable risk factors for COVID-19 infection. Journal of Public Health [Internet]. 2021 [citado: abril 2022];43(1):26-34. DOI: 10.1093/pubmed/fdaa195

Pfenninger EG, Christ P, Neumüller M, Dinse-Lambracht A. Beurteilung des Infektionsrisikos durch SARS-CoV-2 für medizinisches Personal–Erkenntnisse aus der Praxis. Bundesgesundheitsblatt-Gesundheitsforschung-Gesundheitsschutz [Internet]. 2021 [citado: abril 2022];64(3):304-313. DOI: https://doi.org/10.1007/s00103-021-03277-1

Morales Viera A, Rivas Rodríguez R, Otero Aguilar P, Briones Pérez BE. Epidemiology of COVID-19 among health personnel in long-term care centers in Seville. Revista clínica española [Internet]. 2021 [citado: abril 2022];222:205-211. DOI: https://doi.org/10.1016/j.rceng.2021.06.006

##submission.downloads##

Publicada

2025-08-28