Envíos

Necesita Ir ao inicio de sesión ou Rexistrarse para realizar un envío.

Listaxe de verificación para preparar envíos

Como parte integrante do proceso de envío, os autores/as teñen que asegurarse de que o seu envío cumpra todas as condicións que veñen a continuación. No caso de non se seguiren estas directrices, os envíos poderanse devolver aos autores/as.
  • Sempre que sexa posible, proporcionan os doi, no seu defecto as direccións URL para as referencias.
  • O envío non foi publicado previamente nin se someteu a consideración por ningunha outra revista (ou proporciónase unha explicación ao respecto nos Comentarios ao editor/a).
  • O arquivo de envío está en formato OpenOffice, Microsoft Word, RTF ou WordPerfect.
  • O texto ten interliñado sinxelo; 12 puntos de tamaño de fonte; emprégase cursiva en lugar de subliñado (excepto nas direccións URL); e todas as ilustracións, figuras e táboas atópanse colocadas nos lugares do texto apropiados, en vez de ao final.
  • O texto adhírese aos requisitos estilísticos e bibliográficos resumidos nas Directrices del autor/a, que aparecen en Sobre a revista.

Directrices para o autor/a

Todos os materiais remitidos á Revista Enfermeir@s (ISSN: 1888-4830; e-ISSN: 3045-5812) nas Seccións de Orixinais de Ciencias da Saúde, Orixinais de Ciencias Sociais e Humanidades, Revisións, Proxectos de Investigación, Notas de Enfermaría, Reportes Breves, Casos Clínicos e Cartas ao Director, son sometidos a unha revisión específica. O proceso de avaliación dos artigos efectúase mediante un arbitraxe científico por pares (peer review), realizado por expertos. Non obstante, todo material publicado en Enfermeir@s precisa a aprobación do Consello de Redacción e do Xefe asignado para velar pola liña editorial e a homoxeneidade da revista.

O noso proceso de avaliación conta coa competencia e capacidade profesional dos seus revisores, garantindo a rigorosidade, confidencialidade, imparcialidade e honestidade no desenvolvemento desta tarefa. Desde a recepción do artigo mantense unha comunicación directa cos autores, que son informados das decisións tomadas no proceso de revisión. O tempo empregado para a revisión e información ao autor sobre a avaliación (aceptación, aceptación con correccións menores, aceptación con correccións maiores ou rexeitamento do artigo) será de tres a catro semanas a partir da recepción.

Os manuscritos deben elaborarse seguindo as recomendacións do Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas.

Normas de formato do texto

O texto debe estar o menos formateado posible, evitando o uso de negriñas, cursivas, subliñados, centrados, tabulacións, múltiples tamaños e fontes, espaciados, etc.

Debe inserirse un único espazo tras os puntos. As táboas editaranse da forma máis ampla posible: sen tramas, sen bordos nas celas, etc. As figuras cumprirán as mesmas normas que as táboas e gardaranse baixo os formatos JPEG, GIF, PNG, TIFF ou EPS (extensións .JPG, .GIF, .PNG, .TIF ou .EPS) coa máxima resolución. Os gráficos poden enviarse utilizando os programas Excel e PowerPoint.

Para unha mellor reprodución das figuras é conveniente enviar os datos a partir dos cales se obtiveron os gráficos.

Os autores recibirán un acuse de recibo e, nun prazo non superior ás dúas semanas, recibirán noticias acerca da aceptación para publicación.

Preparación e estrutura dos manuscritos

O autor debe enviar a esta plataforma o orixinal en castelán, galego e/ou inglés, presentado a espazo sinxelo en todas as súas seccións (incluíndo citas bibliográficas, táboas, pés de figura e comentarios a pé de páxina). O formato será DIN-A4 deixando marxes laterais, superior e inferior de 2,5 cm.

Todas as páxinas irán numeradas consecutivamente empezando pola do título.

Abreviacións:
Estas deben ser evitadas, excepto no caso das unidades de medida. Evite o uso de abreviacións no título e no resumo. O nome completo ao que substitúe a abreviación debe preceder o seu uso, a menos que se trate dunha unidade de medida estándar.

Unidades de medida:
As unidades de medida expresaranse preferentemente en Unidades do Sistema Internacional (Unidades SI). As unidades químicas, físicas, biolóxicas e clínicas deberán ser sempre definidas de forma estrita.

Artigos Orixinais Ciencias da Saúde

Artigos Orixinais Ciencias da Saúde

Son sometidos a unha revisión específica. O proceso de avaliación dos artigos lévase a cabo mediante un arbitraxe científico coa revisión por pares (peer review), realizada por expertos. Non obstante, todo o material publicado en Enfermeir@s precisa da aprobación da Editorial e do Xefe de Sección para velar pola liña editorial e a homoxeneidade da revista.

O noso proceso de avaliación conta coa competencia e capacidade profesional dos seus revisores, garantindo a rigorosidade, confidencialidade, imparcialidade e honestidade no desenvolvemento desta tarefa. Desde a recepción do artigo mantense unha comunicación directa cos autores, que son informados das decisións tomadas no proceso de revisión. O tempo empregado para a revisión e información ao autor sobre a avaliación (aceptación, aceptación con correccións menores, aceptación con correccións maiores ou rexeitamento do artigo) será de tres a catro semanas a partir da recepción.

Os manuscritos deben elaborarse seguindo as recomendacións do Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas, dispoñibles en: https://www.icmje.org/icmje-recommendations.pdf.

Componentes obrigatorios:

  • Carta de presentación
    Nela, o autor explicará en 3-4 liñas cal é a achega orixinal do traballo que presenta.

  • Primeira páxina
    Figurará o título completo, os nomes dos autores, o nome e a localización do departamento ou institución onde se realizou o traballo, o nome do autor ao que se lle deba enviar a correspondencia, o recoñecemento de calquera bolsa ou soporte financeiro, así como outras especificacións que se consideren necesarias.
    Incluirase o nome completo, número de teléfono (e de fax ou correo electrónico, se se dispón), e a dirección postal completa do autor ao que se lle deba enviar a correspondencia e as galeradas. Estes datos deben figurar no cadrante inferior dereito desta primeira páxina.

  • Segunda páxina
    Incluirase un resumo estruturado do artigo (Introdución, Obxectivo, Método, Resultados e Conclusión) en galego e en inglés, de aproximadamente 100 palabras, que recollerá brevemente información sobre o problema plantexado, o método seguido e as conclusións, pero non material ou datos citados no traballo. Na mesma páxina e debaixo do resumo faranse constar ata seis palabras clave referentes ao artigo, tamén en galego e en inglés, empregando os termos publicados no Medical Subject Headings do Index Medicus. As cartas ao director non levarán resumo.

  • Listado de comprobacións formais do traballo.

  • Formulario anexo de declaración de autoría e cesión de dereitos.

  • Corpo de texto
    Traballos de investigación sobre as diferentes áreas da Enfermaría. Estrutúranse da seguinte forma: Introdución, Material e métodos, Resultados, Discusión, Bibliografía, Táboas, Pés de figura e Figuras.

Estrutura do corpo de texto:

  • Introdución
    Debe ser breve, enfocar o tema e describir o obxectivo do traballo.

  • Métodos
    Describiranse en detalle para que poidan ser avaliados e repetidos por outros investigadores.
    As normas éticas seguidas polos investigadores tanto en estudos en humanos como en animais describiranse brevemente. Os estudos en humanos deben contar coa aprobación expresa do comité local de ética e de ensaios clínicos, e así debe figurar no manuscrito.
    Expóñense os métodos empregados e a duración dos mesmos. Os estudos contarán cos correspondentes experimentos ou grupos control; en caso contrario explicaranse as medidas utilizadas para evitar os sesgos e comentarase o seu posible efecto sobre as conclusións do estudo.

  • Resultados
    Os resultados deben ser concisos e claros, e incluirán o mínimo necesario de táboas e figuras. Presentaranse de modo que non exista duplicación nin repetición de datos no texto e nas figuras ou táboas.

  • Discusión
    Comentarase os achados propios en relación cos doutros traballos previos, así como as diferenzas entre os resultados propios e os doutros autores. As hipóteses e as frases especulativas quedarán claramente identificadas. A discusión non conterá resultados novos nin será unha mera repetición dos resultados.

  • Agradecementos
    Se se considera necesario, citarase á persoa/s ou centro/s colaborador/es.

  • Bibliografía
    As citas bibliográficas identificaranse no texto mediante números arábigos en superíndice e numeraranse consecutivamente na orde de aparición no texto.
    As comunicacións persoais e os datos non publicados deben aparecer na bibliografía (pódense citar entre parénteses no texto e na bibliografía especificando que están pendentes de publicación ou o estado no que se atopan: aceptado, en revisión, etc.).
    A bibliografía irá ao final do texto.
    A citación seguirá o formato Vancouver.

Extensión máxima recomendada: 15 páxinas.
Software: Microsoft Word.

Artigos Orixinais das Ciencias Sociais e Humanidades

Traballos de investigación sobre as diferentes áreas da Enfermaría desde os prismas e enfoques metodolóxicos científicos das ciencias sociais e as humanidades. Estrutúranse da seguinte forma: Introdución, Material e métodos, Resultados, Discusión, Bibliografía, Táboas, Pés de figura e Figuras.

Son sometidos a unha revisión específica. O proceso de avaliación dos artigos lévase a cabo mediante un arbitraxe científico coa revisión por pares (peer review), realizada por expertos. Non obstante, todo o material publicado en Enfermeir@s precisa da aprobación da Editorial e do Xefe de Redacción asignado para velar pola liña editorial e a homoxeneidade da revista.

O noso proceso de avaliación conta coa competencia e capacidade profesional dos seus revisores, garantindo a rigorosidade, confidencialidade, imparcialidade e honestidade no desenvolvemento desta tarefa. Desde a recepción do artigo mantense unha comunicación directa cos autores, que son informados das decisións tomadas no proceso de revisión. O tempo empregado para a revisión e información ao autor sobre a avaliación (aceptación, aceptación con correccións menores, aceptación con correccións maiores ou rexeitamento do artigo) será de tres a catro semanas a partir da recepción.

Os manuscritos deben elaborarse seguindo as recomendacións do Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas, dispoñibles en: https://www.icmje.org/icmje-recommendations.pdf.

Componentes obrigatorios:

  • Carta de presentación
    Nela, o autor explicará en 3-4 liñas cal é a achega orixinal do traballo que presenta.

  • Primeira páxina
    Figurará o título completo, os nomes dos autores, o nome e a localización do departamento ou institución onde se realizou o traballo, o nome do autor ao que se lle deba enviar a correspondencia, o recoñecemento de calquera bolsa ou soporte financeiro, así como outras especificacións que se consideren necesarias.
    Incluirase o nome completo, número de teléfono (e de fax ou correo electrónico, se se dispón), e a dirección postal completa do autor ao que se lle deba enviar a correspondencia e as galeradas. Estes datos deben figurar no cadrante inferior dereito desta primeira páxina.

  • Segunda páxina
    Incluirase un resumo estruturado do artigo (Introdución, Obxectivo, Método, Resultados e Conclusión) en galego e en inglés, de aproximadamente 100 palabras, que recollerá brevemente información sobre o problema plantexado, o método seguido e as conclusións, pero non material ou datos citados no traballo. Na mesma páxina e debaixo do resumo faranse constar ata seis palabras clave referentes ao artigo, tamén en galego e en inglés, empregando os termos publicados no Medical Subject Headings do Index Medicus. As cartas ao director non levarán resumo.

  • Listado de comprobacións formais do traballo.

  • Formulario anexo de declaración de autoría e cesión de dereitos.

  • Corpo de texto
    Traballos de investigación desde o prisma das Ciencias Sociais e Humanidades. Estrutúranse da seguinte forma: Introdución, Material e métodos, Resultados, Discusión, Bibliografía, Táboas, Pés de figura e Figuras.

Estrutura do corpo de texto:

  • Introdución
    Debe ser breve, enfocar o tema e describir o obxectivo do traballo.

  • Métodos
    Describiranse en detalle para que poidan ser avaliados e repetidos por outros investigadores.
    As normas éticas seguidas polos investigadores tanto en estudos en humanos como en animais describiranse brevemente. Os estudos en humanos deben contar coa aprobación expresa do comité local de ética e de ensaios clínicos, e así debe figurar no manuscrito.
    Expóñense os métodos empregados e a duración dos mesmos. Os estudos contarán cos correspondentes experimentos ou grupos control; en caso contrario explicaranse as medidas utilizadas para evitar os sesgos e comentarase o seu posible efecto sobre as conclusións do estudo.

  • Resultados
    Os resultados deben ser concisos e claros, e incluirán o mínimo necesario de táboas e figuras. Presentaranse de modo que non exista duplicación nin repetición de datos no texto e nas figuras ou táboas.

  • Discusión
    Comentarase os achados propios en relación cos doutros traballos previos, así como as diferenzas entre os resultados propios e os doutros autores. As hipóteses e as frases especulativas quedarán claramente identificadas. A discusión non conterá resultados novos nin será unha mera repetición dos resultados.

  • Agradecementos
    Se se considera necesario, citarase á persoa/s ou centro/s colaborador/es.

  • Bibliografía
    As citas bibliográficas identificaranse no texto mediante números arábigos en superíndice e numeraranse consecutivamente na orde de aparición no texto.
    As comunicacións persoais e os datos non publicados deben aparecer na bibliografía (pódense citar entre parénteses no texto e na bibliografía especificando que están pendentes de publicación ou o estado no que se atopan: aceptado, en revisión, etc.).
    A bibliografía irá ao final do texto.
    A citación seguirá o formato Vancouver.

Extensión máxima recomendada: 15 páxinas.
Software: Microsoft Word.

Revisións

Revisións

Son sometidas a unha revisión específica. O proceso de avaliación dos artigos lévase a cabo mediante un arbitraxe científico coa revisión por pares (peer review), realizada por expertos. Non obstante, todo o material publicado en Enfermeir@s precisa da aprobación da Editorial e do Xefe de Redacción asignado para velar pola liña editorial e a homoxeneidade da revista.

O noso proceso de avaliación conta coa competencia e capacidade profesional dos seus revisores, garantindo a rigorosidade, confidencialidade, imparcialidade e honestidade no desenvolvemento desta tarefa. Desde a recepción do artigo mantense unha comunicación directa cos autores, que son informados das decisións tomadas no proceso de revisión. O tempo empregado para a revisión e información ao autor sobre a avaliación (aceptación, aceptación con correccións menores, aceptación con correccións maiores ou rexeitamento do artigo) será de tres a catro semanas a partir da recepción.

Os manuscritos deben elaborarse seguindo as recomendacións do Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas, dispoñibles en: https://www.icmje.org/icmje-recommendations.pdf.

Componentes obrigatorios:

  • Carta de presentación
    Nela, o autor explicará en 3-4 liñas cal é a achega orixinal do traballo que presenta.

  • Primeira páxina
    Figurará o título completo, os nomes dos autores, o nome e a localización do departamento ou institución onde se realizou o traballo, o nome do autor ao que se lle deba enviar a correspondencia, o recoñecemento de calquera bolsa ou soporte financeiro, así como outras especificacións que se consideren necesarias.
    Incluirase o nome completo, número de teléfono (e de fax ou correo electrónico, se se dispón), e a dirección postal completa do autor ao que se lle deba enviar a correspondencia e as galeradas. Estes datos deben figurar no cadrante inferior dereito desta primeira páxina.

  • Segunda páxina
    Incluirase un resumo estruturado do artigo (Introdución, Obxectivo, Método, Resultados e Conclusión) en galego e en inglés, de aproximadamente 100 palabras, que recollerá brevemente información sobre o problema plantexado, o método seguido e as conclusións, pero non material ou datos citados no traballo. Na mesma páxina e debaixo do resumo faranse constar ata seis palabras clave referentes ao artigo, tamén en galego e en inglés, empregando os termos publicados no Medical Subject Headings do Index Medicus. As cartas ao director non levarán resumo.

  • Listado de comprobacións formais do traballo.

  • Formulario anexo de declaración de autoría e cesión de dereitos.

  • Corpo de texto
    Traballos de investigación sobre as diferentes áreas da Enfermaría. Estrutúranse da seguinte forma: Introdución, Material e métodos, Resultados, Discusión, Bibliografía, Táboas, Pés de figura e Figuras.

Estrutura do corpo de texto:

  • Introdución
    Debe ser breve, enfocar o tema e describir o obxectivo do traballo.

  • Métodos
    Describiranse en detalle para que poidan ser avaliados e repetidos por outros investigadores.
    As normas éticas seguidas polos investigadores tanto en estudos en humanos como en animais describiranse brevemente. Os estudos en humanos deben contar coa aprobación expresa do comité local de ética e de ensaios clínicos, e así debe figurar no manuscrito.
    Expóñense os métodos empregados e a duración dos mesmos. Os estudos contarán cos correspondentes experimentos ou grupos control; en caso contrario explicaranse as medidas utilizadas para evitar os sesgos e comentarase o seu posible efecto sobre as conclusións do estudo.

  • Resultados
    Os resultados deben ser concisos e claros, e incluirán o mínimo necesario de táboas e figuras. Presentaranse de modo que non exista duplicación nin repetición de datos no texto e nas figuras ou táboas.

  • Discusión
    Comentarase os achados propios en relación cos doutros traballos previos, así como as diferenzas entre os resultados propios e os doutros autores. As hipóteses e as frases especulativas quedarán claramente identificadas. A discusión non conterá resultados novos nin será unha mera repetición dos resultados.

  • Agradecementos
    Se se considera necesario, citarase á persoa/s ou centro/s colaborador/es.

  • Bibliografía
    As citas bibliográficas identificaranse no texto mediante números arábigos en superíndice e numeraranse consecutivamente na orde de aparición no texto.
    As comunicacións persoais e os datos non publicados deben aparecer na bibliografía (pódense citar entre parénteses no texto e na bibliografía especificando que están pendentes de publicación ou o estado no que se atopan: aceptado, en revisión, etc.).
    A bibliografía irá ao final do texto.
    A citación seguirá o formato Vancouver.

Extensión máxima recomendada: 25 páxinas.
Software: Microsoft Word.

Reportes breves, Casos Clínicos e Notas de Enfermaría

Reportes Breves, Casos Clínicos e Notas de Enfermaría

Todos os materiais remitidos a Enfermeir@s —Reportes Breves, Casos Clínicos e Notas de Enfermaría— son sometidos a unha revisión específica. O proceso de avaliación dos artigos lévase a cabo mediante un arbitraxe científico coa revisión por pares (peer review), realizada por expertos. Non obstante, todo o material publicado en Enfermeir@s precisa da aprobación da Editorial e do Xefe de Sección asignado para velar pola liña editorial e a homoxeneidade da revista.

O noso proceso de avaliación conta coa competencia e capacidade profesional dos seus revisores, garantindo a rigorosidade, confidencialidade, imparcialidade e honestidade no desenvolvemento desta tarefa. Desde a recepción do artigo mantense unha comunicación directa cos autores, que son informados das decisións tomadas no proceso de revisión. O tempo empregado para a revisión e información ao autor sobre a avaliación (aceptación, aceptación con correccións menores, aceptación con correccións maiores ou rexeitamento do artigo) será de tres a catro semanas a partir da recepción.

Os manuscritos deben elaborarse seguindo as recomendacións do Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas, dispoñibles en: https://www.icmje.org/icmje-recommendations.pdf.

Notas de enfermaría e casos clínicos
Traballos eminentemente descriptivos dun ou máis casos de procesos persoais, de familias ou grupos de excepcional observación e que supoñan unha importante achega ao coñecemento da Enfermaría. Estrutúranse da seguinte forma: Introdución, Observación-Desenvolvemento do plan de atención de enfermaría, Discusión, Bibliografía, Táboas, Pés de figura e Figuras.
Extensión máxima recomendada: 10 páxinas.

Artigos breves
Artigos breves de opinión ou de estudos experimentais que presenten os resultados dos mesmos. Estrutúranse da seguinte forma: Introdución, Material e Métodos, Resultados, Discusión, Conclusión, Bibliografía, Táboas, Pés de figura e Figuras.
Extensión máxima recomendada: 10 páxinas.

Componentes obrigatorios:

  • Carta de presentación
    Nela, o autor explicará en 3-4 liñas cal é a achega orixinal do traballo que presenta.

  • Primeira páxina
    Figurará o título completo, os nomes dos autores, o nome e a localización do departamento ou institución onde se realizou o traballo, o nome do autor ao que se lle deba enviar a correspondencia, o recoñecemento de calquera bolsa ou soporte financeiro, así como outras especificacións que se consideren necesarias.
    Incluirase o nome completo, número de teléfono (e de fax ou correo electrónico, se se dispón), e a dirección postal completa do autor ao que se lle deba enviar a correspondencia e as galeradas. Estes datos deben figurar no cadrante inferior dereito desta primeira páxina.

  • Segunda páxina
    Incluirase un resumo estruturado do artigo (Introdución, Obxectivo, Método, Resultados e Conclusión) en galego e en inglés, de aproximadamente 100 palabras, que recollerá brevemente información sobre o problema plantexado, o método seguido e as conclusións, pero non material ou datos citados no traballo. Na mesma páxina e debaixo do resumo faranse constar ata seis palabras clave referentes ao artigo, tamén en galego e en inglés, empregando os termos publicados no Medical Subject Headings do Index Medicus. As cartas ao director non levarán resumo.

  • Listado de comprobacións formais do traballo.

  • Formulario anexo de declaración de autoría e cesión de dereitos.

  • Corpo de texto.

  • Bibliografía
    A citación seguirá o formato Vancouver.

Proxectos de Investigación

Proxectos de Investigación

Son sometidos a unha revisión específica. O proceso de avaliación dos artigos lévase a cabo mediante un arbitraxe científico coa revisión por pares (peer review), realizada por expertos. Non obstante, todo o material publicado en Enfermeir@s precisa da aprobación da Editorial e do Xefe de Sección asignado para velar pola liña editorial e a homoxeneidade da revista.

O noso proceso de avaliación conta coa competencia e capacidade profesional dos seus revisores, garantindo a rigorosidade, confidencialidade, imparcialidade e honestidade no desenvolvemento desta tarefa. Desde a recepción do artigo mantense unha comunicación directa cos autores, que son informados das decisións tomadas no proceso de revisión. O tempo empregado para a revisión e información ao autor sobre a avaliación (aceptación, aceptación con correccións menores, aceptación con correccións maiores ou rexeitamento do artigo) será de tres a catro semanas a partir da recepción.

Os manuscritos deben elaborarse seguindo as recomendacións do Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas, dispoñibles en: https://www.icmje.org/icmje-recommendations.pdf.

Componentes obrigatorios:

  • Carta de presentación
    Nela, o autor explicará en 3-4 liñas cal é a achega orixinal do traballo que presenta.

  • Primeira páxina
    Figurará o título completo, os nomes dos autores, o nome e a localización do departamento ou institución onde se realizou o traballo, o nome do autor ao que se lle deba enviar a correspondencia, o recoñecemento de calquera bolsa ou soporte financeiro, así como outras especificacións que se consideren necesarias.
    Incluirase o nome completo, número de teléfono (e de fax ou correo electrónico, se se dispón), e a dirección postal completa do autor ao que se lle deba enviar a correspondencia e as galeradas. Estes datos deben figurar no cadrante inferior dereito desta primeira páxina.

  • Segunda páxina
    Incluirase un resumo estruturado do artigo (Introdución, Obxectivo e Métodos) en galego e en inglés, de aproximadamente 100 palabras, que recollerá brevemente información sobre o problema plantexado, o método seguido e as conclusións, pero non material ou datos citados no traballo. Na mesma páxina e debaixo do resumo faranse constar ata seis palabras clave referentes ao artigo, tamén en galego e en inglés, empregando os termos publicados no Medical Subject Headings do Index Medicus. As cartas ao director non levarán resumo.

  • Listado de comprobacións formais do traballo.

  • Formulario anexo de declaración de autoría e cesión de dereitos.

  • Corpo de texto
    Proxectos de investigación sobre as diferentes áreas da Enfermaría. Estrutúranse da seguinte forma: Introdución, Obxectivos, Material e Métodos, Bibliografía, Táboas, Pés de figura e Figuras.

Bibliografía
As citas bibliográficas identificaranse no texto mediante números arábigos en superíndice e numeraranse consecutivamente na orde de aparición no texto.
As comunicacións persoais e os datos non publicados deben aparecer na bibliografía (pódense citar entre parénteses no texto e na bibliografía especificando que están pendentes de publicación ou o estado no que se atopan: aceptado, en revisión, etc.).
A bibliografía irá ao final do texto.
A citación seguirá o formato Vancouver.

Extensión máxima recomendada: 15 páxinas.
Software: Microsoft Word.

Cartas ao Director

Cartas ao Director

Son sometidas a unha revisión específica. O proceso de avaliación dos artigos lévase a cabo mediante un arbitraxe científico coa revisión por pares (peer review), realizada por expertos. Non obstante, todo o material publicado en Enfermeir@s precisa da aprobación da Editorial e do Xefe de Sección asignado para velar pola liña editorial e a homoxeneidade da revista.

O noso proceso de avaliación conta coa competencia e capacidade profesional dos seus revisores, garantindo a rigorosidade, confidencialidade, imparcialidade e honestidade no desenvolvemento desta tarefa. Desde a recepción do artigo mantense unha comunicación directa cos autores, que son informados das decisións tomadas no proceso de revisión. O tempo empregado para a revisión e información ao autor sobre a avaliación (aceptación, aceptación con correccións menores, aceptación con correccións maiores ou rexeitamento do artigo) será de tres a catro semanas a partir da recepción.

Os manuscritos deben elaborarse seguindo as recomendacións do Comité Internacional de Editores de Revistas Médicas, dispoñibles en: https://www.icmje.org/icmje-recommendations.pdf.

Componentes obrigatorios:

  • Carta de presentación
    Nela, o autor explicará en 3-4 liñas cal é a achega orixinal do traballo que presenta.

  • Primeira páxina
    Figurará o título completo, os nomes dos autores, o nome e a localización do departamento ou institución onde se realizou o traballo, o nome do autor ao que se lle deba enviar a correspondencia, o recoñecemento de calquera bolsa ou soporte financeiro, así como outras especificacións que se consideren necesarias.
    Incluirase o nome completo, número de teléfono (e de fax ou correo electrónico, se se dispón), e a dirección postal completa do autor ao que se lle deba enviar a correspondencia e as galeradas. Estes datos deben figurar no cadrante inferior dereito desta primeira páxina.

  • Segunda páxina
    Incluirase un resumo estruturado do artigo [Introdución, Obxectivo, Métodos e/ou (Resultados e Conclusión)] en galego e en inglés, de aproximadamente 100 palabras, que recollerá brevemente información sobre o problema plantexado, o método seguido e as conclusións, pero non material ou datos citados no traballo. Na mesma páxina e debaixo do resumo faranse constar ata seis palabras clave referentes ao artigo, tamén en galego e en inglés, empregando os termos publicados no Medical Subject Headings do Index Medicus. As cartas ao director non levarán resumo.

  • Listado de comprobacións formais do traballo.

  • Formulario anexo de declaración de autoría e cesión de dereitos.

  • Corpo de texto
    Publicaranse nesta sección comentarios, observacións científicas ou críticas sobre artigos e temas aparecidos na revista, así como dúbidas ou experiencias que poidan ser resumidas.
    Extensión máxima recomendada: 3 páxinas.

Bibliografía
As citas bibliográficas identificaranse no texto mediante números arábigos en superíndice e numeraranse consecutivamente na orde de aparición no texto.
As comunicacións persoais e os datos non publicados deben aparecer na bibliografía (pódense citar entre parénteses no texto e na bibliografía especificando que están pendentes de publicación ou o estado no que se atopan: aceptado, en revisión, etc.).
A bibliografía irá ao final do texto.
A citación seguirá o formato Vancouver.

Extensión máxima recomendada: 3 páxinas.
Software: Microsoft Word.

Declaración de privacidade

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Dereito de información

Para os efectos do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (GDPR), relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e na Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmase ao usuario da existencia dun tratamento automatizado de datos de carácter persoal creado polo COLEXIO OFICIAL DE ENFERMARÍA DE LUGO e baixo a súa responsabilidade, cos datos persoais que nos puidese facilitar durante a navegación polo noso sitio web, xa sexa no momento do seu rexistro ou cando remita unha mensaxe de correo electrónico.

Responsable do tratamento:

  • Denominación social: COLEXIO OFICIAL DE ENFERMARÍA DE LUGO
  • CIF: Q2766003D
  • Domicilio social: AVENIDA DE A CORUÑA 104 ENTRESOLLADO B, 27003 - LUGO (LUGO)
  • Teléfono: 982242450
  • Correo electrónico a efectos de comunicación: colexio@enfermerialugo.org
  • Datos de contacto do Delegado de Protección de Datos:

Finalidade do tratamento:

Indícase que a finalidade do tratamento dos seus datos é a descrita en cada un dos formularios establecidos na páxina web nos que vostede nos facilita os seus datos.

Lexitimación:

Artigo 6.1.a) do RGPD. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.

Conservación e tratamento dos datos:

Os seus datos serán conservados durante o tempo necesario para atender a súa solicitude, sempre que non nos indique o contrario exercendo o seu dereito de supresión, ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais e atender as posibles responsabilidades que puidesen derivar do cumprimento da finalidade para a que os datos foron recadados. No caso de ser necesario, o COLEXIO OFICIAL DE ENFERMARÍA DE LUGO cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal.

Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o consentimento para utilizalos co fin de poder fidelizar a relación entre as partes.

Os datos facilitados non serán cedidos a terceiros salvo nos casos nos que exista unha obriga legal.

O COLEXIO OFICIAL DE ENFERMARÍA DE LUGO non elaborará ningún tipo de “perfil” baseado na información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas baseadas en perfís.

De acordo co establecido na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico no seu artigo 21, solicitaremos o seu consentimento para poder realizar comunicacións publicitarias que consideremos que poden ser do seu interese, por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente.

Vostede ten dereito a opoñerse e/ou retirar o consentimento ao tratamento dos datos indicados anteriormente, no seu caso, e en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada, mediante notificación ao responsable do tratamento na/s dirección/s indicada/s.

Medidas técnicas e organizativas

O COLEXIO OFICIAL DE ENFERMARÍA DE LUGO adopta as medidas técnicas, controis e procedementos de carácter físico, organizativo e tecnolóxico, razoablemente fiables e efectivos, orientados a preservar a integridade e a seguridade dos seus datos e garantir a súa privacidade. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.

Ademais, todo o persoal con acceso aos datos persoais foi formado e ten coñecemento das súas obrigas con relación aos tratamentos de datos persoais.

No caso dos contratos que subscribimos cos nosos provedores, incluímos cláusulas nas que se lles esixe manter o deber de segredo respecto aos datos de carácter persoal aos que tiveron acceso en virtude do encargo realizado, así como implantar as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento dos datos persoais.

Todas estas medidas de seguridade son revisadas de forma periódica para garantir a súa adecuación e efectividade.

Porén, a seguridade absoluta non se pode garantir e non existe ningún sistema de seguridade que sexa impenetrable, polo que, no caso de que calquera información obxecto de tratamento e baixo o noso control se vise comprometida como consecuencia dunha brecha de seguridade, tomaremos as medidas adecuadas para investigar o incidente, notificalo á Autoridade de Control e, no seu caso, a aqueles usuarios que se puidesen ver afectados para que tomen as medidas oportunas.

Dereitos:

O usuario poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o responsable do tratamento na dirección anteriormente mencionada ou por correo electrónico a colexio@enfermerialugo.org, achegando copia do seu DNI ou documento equivalente, ou directamente ante o delegado de protección de datos. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia de Protección de Datos competente, sendo esta a Axencia Española de Protección de Datos, e cuxos datos de contacto están accesibles en https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/reclamacion.jsf.