Encrucillada

Autores/as

  • María Rodríguez Trigo SERGAS

Palabras clave:

Experiencia Laboral, Xeracións, Enfermaría

Resumo

Lembro perfectamente aquel día no que se cruzaron os camiños. Estaba contenta, con 33 anos acababa de escoller un destino. Puiden ir á planta de Especialidades onde había enfermeiras coas que coincidín no PAC no período de interinidade, unha fermosa época. Estaba entrando en persoal cando vin a compañeir@s que asinaban o traslado para saír dese lugar, para ir a un PAC ou a un centro de saúde. Parecían felices, liberad@s, cun brillo especial nos seus ollos. Eran aquela e aquel que coñecín cando empecei a traballar no hospital. Persoas das que tanto aprendín e admirei. Tiñan vinte anos máis ca min e no seu traslado, 53 máis ou menos. Agora teño 46 anos, e entendo perfectamente como se sentiron, ou iso creo. Ela retirouse e el xa non está aquí, pero permanece nos recordos. Coñecemos moit@s compañeir@s durante a nosa vida laboral, pero unhas/uns marcan máis que outr@s. Como nos cruzamos as distintas xeracións. E como sentimos e entendemos. En certo modo somos nómades. Poño a mirada n@s que se incorporan, están a sentir o que eu sentín? Evolucionamos ou estamos reproducindo sempre as mesmas vivenzas?

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

NA

##submission.downloads##

Publicada

2025-08-28