Síndromas dolorosos do pé

Autores/as

Palabras clave:

Dor, Enfermaría, Pé

Resumo

NEUROMA DE MORTON: É un dos síndromas dolorosos máis frecuentes no antepé, caracterízase por hipersensibilidade e dor queima na superficie plantar do antepé, con parestesias dolorosas asociadas nos dedos afectados. Crese que este síndrome doloroso se debe a unha fibrosis perineural dos nervios interdixitais. Aínda que os nervios afectados con maior frecuencia son os que se atopan entre o terceiro e cuarto dedo, tamén poden verse implicados os do segundo e terceiro, ou os do cuarto e quinto. O paciente adoita notar que camiña "cunha pedra no zapato". A dor empeora coa bipedestación e a marcha prolongada, así como co uso de calzado mal axustado ou acolchado. Como sucede no hallux valgus, no quinto dedo varo e no dedo de martelo, o neuroma de Morton asóciase con maior frecuencia ao uso de calzado estreito e apertado.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

N/A

##submission.downloads##

Publicada

2025-09-26