Historias que se repiten

Autores/as

  • María Rodríguez Trigo Redactora revista Enfermeir@s

Palabras clave:

Opinión, enfermaría

Resumo

Non andaba moi inspirada para escribir, mesmo ía facer unha valoración de porqué hai xente que fala continuamente no traballo. Miren que pouco me axudaban as musas, que me deu por escribir sobre esa muller que cun fouciño vai segando vidas polas plantas dun hospital. Pero cando esta mañá entrou pola porta unha vella pantasma do pasado dando voces: “¿Onde está o paciente que hai que sondar?, ¡eh, ti!, ¡vén, comigo!; ¡porque me cago en todo, non sabedes sondar!”. A miña mente comezou a liberar sustancias para preparar o corpo ou para a fuxida ou para o ataque. Digamos que percibín o perigo, efecto memoria do pasado. Controlo as miñas emocións e digo: “espere un momento,... non levo a ese paciente”. O galeno especialista dirixiu a súa furia cara a outra enfermeira.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

NA

##submission.downloads##

Publicada

2025-09-06