Pódese bailar baixo a chuvia? Ata que punto podemos ser felices ao pasar por situacións de crise?

Autores/as

  • Jenifer Souto Pérez Redactora Enfermeir@s

Palabras clave:

Opinión, Enfermaría, Saúde Mental

Resumo

Desde hai anos, fomos educados para crer que a felicidade é sinónimo de acumular bens materiais e sociais. Por unha banda, gañar suficiente diñeiro e que deste xeito poidamos adquirir unha casa en propiedade, un coche ou unha clase determinada de roupa suxiren o valor social que unha persoa adquire na sociedade.
Se a isto lle engadimos a creación dunha familia tradicional, con descendencia e, se é posible, cunha mascota, entón conseguiremos o canon do ideal. É dicir, vinculouse o concepto de felicidade a cumprir unha serie de requisitos que levan a ser cidadáns exemplares, pero que están moito máis lonxe da exemplaridade e dos bos valores e máis asociados ao benestar e ao consumismo, influenciados ademais polas redes sociais e polo bo que nelas queremos mostrar, deixando de lado esas partes máis escuras que rodean as nosas vidas.

##plugins.generic.usageStats.downloads##

##plugins.generic.usageStats.noStats##

##submission.citations##

NA

##submission.downloads##

Publicada

2025-08-30