Sobre a revista
Enfoque e alcance
A revista Enfermeir@s (ISSN: 1888-4830; e-ISSN: 3045-5812) é editada polo Ilustre Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo. Trátase dunha publicación de acceso aberto e gratuíto que ten como obxectivo principal a difusión da produción científica en enfermaría nas catro competencias ás que alude o título. Enfermeir@s acepta manuscritos en castelán, galego e inglés e conta cun sistema estable de revisión por pares.
Procurando, ademais, incentivar, motivar e apoiar ao persoal recentemente graduado, Enfermeir@s acolle tamén proxectos de investigación e estudos realizados en distintos escenarios da formación de grao e posgrao oficial, co fin de facilitar a súa difusión e aumentar a proxección de investigadores e profesionais da ciencia enfermeira.
Aínda que está principalmente dirixida a profesionais da enfermaría, a proposta de manuscritos para Enfermeir@s non se limita a este colectivo, xa que tamén está aberta a calquera profesional das ciencias da saúde que poida achegar información valiosa relacionada co ámbito dos coidados, susceptible de marcar as bases biolóxicas e clínicas da enfermidade, así como a súa etioloxía, prevención e tratamento, entre outros.
A revista Enfermeir@s conta cunha sección de cartas ao director e unha sección de miscelánea para a difusión e divulgación social das diferentes actividades e eventos que teñen lugar na provincia de Lugo ou en Galicia.
Esta revista está subvencionada polo Consello Xeral de Enfermaría dentro do programa de promoción da investigación enfermeira.
Indexada en CUIDEN desde outubro de 2024 e na base de datos CINAHL, distribuída por EBSCO desde o ano 2021.
Proceso de avaliación por pares
Os manuscritos recibidos na revista Enfermeir@s son revisados polo equipo editorial da revista, que verifica o cumprimento das normas de publicación establecidas para cada tipo de artigo, informándose aos autores no caso de que o documento non se axuste ás normas de publicación.
Unha vez adaptado o manuscrito ás normas, os artigos orixinais son remitidos a dous avaliadores externos da revista, que realizan a valoración crítica do artigo. No momento de realizar esta valoración, os revisores descoñecen a identidade e o lugar de procedencia dos autores, así como a identidade do outro avaliador que valora ese mesmo orixinal, co obxectivo de manter unha maior obxectividade e anonimato na valoración. Os avaliadores externos desta revista asinarán unha declaración de conflito de intereses no momento da súa inclusión na revista, na que se comprometen a informar ao equipo editorial no caso de que exista algún tipo de conflito de intereses para a avaliación do orixinal enviado, co fin de realizar unha óptima avaliación do mesmo.
Unha vez completada a valoración, o revisor externo emite un informe que fai chegar ao editor da revista Enfermeir@s, no que indica os comentarios da súa avaliación e a decisión inicial como candidato ou non á súa publicación, ou como candidato á publicación tras realizar os cambios oportunos que o equipo editorial fará chegar aos autores.
Os autores reciben, nun prazo non superior a catro meses, o resultado da avaliación, indicándose no informe de resultados os eventuais cambios que deberían realizarse; verificándose, antes de aceptar definitivamente a súa publicación, se os autores realizaron os cambios indicados.
Unha vez aceptado o manuscrito, os autores deberán aprobar o formato de galerada, na cabeceira do cal se detallará o proceso de revisión por pares.
Frequencia de publicación
A revista Enfermeir@s publícase semestralmente.
Política de acceso aberto
Enfermeir@s é unha revista en liña de acceso aberto, afín ao movemento de acceso aberto (Open Journal Access), que promove a difusión do coñecemento científico sen barreiras, facilitando así a accesibilidade a un número amplo de usuarios para a adquisición, consolidación, diseminación e actualización do coñecemento derivado da investigación enfermeira nas súas catro esferas. O acceso ao texto completo dos contidos publicados nesta revista é gratuíto, sen necesidade de subscrición ou pagamento algún para a súa consulta ou descarga. O envío de artigos á revista non supón ningún custo para os autores.
Exención de responsabilidade
Enfermeir@s non se fai responsable do contido de ningún artigo e o feito de que patrocine a súa difusión non implica, necesariamente, conformidade coas teses expostas.
O editor, en calquera caso, exímese de toda responsabilidade derivada da eventual vulneración de dereitos de propiedade intelectual por parte do autor.
Enfermeir@s corroborará que o desenvolvemento de calquera traballo se realiza respectando:
- A Declaración de Helsinki da Asociación Médica Mundial de 1964, ratificada en 2024, das asembleas seguintes sobre principios éticos para as investigacións médicas en seres humanos.
- O RD 1090/2015, do 24 de decembro, de ensaios clínicos, especificamente no disposto no seu artigo 38 sobre as boas prácticas clínicas, e o Convenio relativo aos dereitos humanos e á biomedicina, feito en Oviedo o 4 de abril de 1997 e actuacións sucesivas.
Os autores participantes comprométense a que todo dato clínico recollido dos suxeitos do estudo sexa separado dos datos de identificación persoal, de modo que se asegure o anonimato das persoas; respectando a Lei de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro), a Lei 41/2002, do 14 de novembro (básica reguladora da autonomía da persoa e dos dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica), así como a Lei 3/2001, do 28 de maio (reguladora do consentimento informado e da documentación clínica), así como a Lei 3/2005, do 7 de marzo, de modificación da Lei 3/2001 e do Decreto 29/2009 do 5 de febreiro, polo que se regula o acceso á historia clínica electrónica.
-
No suposto de tratarse dun estudo retrospectivo para o cal non se achega folla de información aos participantes nin consentimento informado, explicaranse as razóns polas cales non se levou a cabo.
-
NO CASO DE CONTAR CON DATOS DE CARÁCTER CLÍNICO, SERÁ NECESARIO ADXUNTAR COMO DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA A APROBACIÓN DO PROXECTO OU PLAN DE INVESTIGACIÓN POR PARTE DO COMITÉ DE ÉTICA PERTINENTE.
Política de privacidade
Dereito de información
Para os efectos do disposto no Regulamento (UE) 2016/679 do 27 de abril de 2016 (GDPR), relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e na Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro, de protección de datos de carácter persoal e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD), infórmase ao usuario da existencia dun tratamento automatizado de datos de carácter persoal creado polo COLEXIO OFICIAL DE ENFERMARÍA DE LUGO e baixo a súa responsabilidade cos datos persoais que nos puidese facilitar durante a navegación polo noso sitio web, xa sexa no momento do seu rexistro ou ao remitir unha mensaxe de correo electrónico.
Responsable do tratamento:
Denominación social: COLEXIO OFICIAL DE ENFERMARÍA DE LUGO
CIF: Q2766003D
Enderezo social: AVENIDA DA CORUÑA 104 ENTRESOLLADO B, 27003 - LUGO (LUGO)
Teléfono: 982242450
Correo electrónico para comunicacións: colexio@enfermerialugo.org
Datos de contacto do Delegado de Protección de Datos: Teléfono: 984283532 Correo electrónico: delegadoprotecciondatos@prodasva.org
Finalidade do tratamento:
Indícase que a finalidade do tratamento dos seus datos é a descrita en cada un dos formularios establecidos na páxina web nos que vostede nos facilita os seus datos.
Lexitimación:
Artigo 6.1.a) do RGPD. O interesado deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos.
Conservación e tratamento dos datos:
Os seus datos serán conservados durante o tempo necesario para atender a súa solicitude, sempre que non nos indique o contrario exercendo o seu dereito de supresión, ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais e atender ás posibles responsabilidades que puidesen derivar do cumprimento da finalidade para a que os datos foron recadados. No caso de ser necesario, o COLEXIO OFICIAL DE ENFERMARÍA DE LUGO cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, conforme o previsto na lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal.
Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o consentimento para utilizalos co fin de fidelizar a relación entre as partes.
Os datos facilitados non serán cedidos a terceiros salvo nos casos nos que exista unha obriga legal.
O COLEXIO OFICIAL DE ENFERMARÍA DE LUGO non elaborará ningún tipo de "perfil" baseado na información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas baseadas en perfís.
De acordo co disposto na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico no seu artigo 21, solicitarase o seu consentimento para poder realizar comunicacións publicitarias que consideremos que poden ser do seu interese, por correo electrónico ou por outro medio de comunicación electrónica equivalente.
Vostede ten dereito a opoñerse e/ou retirar o consentimento ao tratamento dos datos indicados anteriormente, no seu caso, e en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada, mediante notificación ao responsable do tratamento na/s dirección/s indicada/s.
Medidas técnicas e organizativas
O COLEXIO OFICIAL DE ENFERMARÍA DE LUGO adopta medidas técnicas, controis e procedementos de carácter físico, organizativo e tecnolóxico, razoablemente fiables e efectivos, orientados a preservar a integridade e a seguridade dos seus datos e garantir a súa privacidade. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.
Ademais, todo o persoal con acceso aos datos persoais foi formado e ten coñecemento das súas obrigas con relación aos tratamentos de datos persoais.
Nos contratos que subscribimos cos nosos provedores incluímos cláusulas nas que se lles esixe manter o deber de segredo respecto aos datos de carácter persoal aos que tiveran acceso en virtude do encargo realizado, así como implantar as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a confidencialidade, integridade, dispoñibilidade e resiliencia permanentes dos sistemas e servizos de tratamento dos datos persoais.
Todas estas medidas de seguridade son revisadas de forma periódica para garantir a súa adecuación e efectividade.
Con todo, a seguridade absoluta non se pode garantir e non existe ningún sistema de seguridade que sexa impenetrable, polo que, no caso de que calquera información obxecto de tratamento e baixo o noso control se vise comprometida como consecuencia dunha brecha de seguridade, tomaremos as medidas adecuadas para investigar o incidente, notificalo á Autoridade de Control e, no seu caso, a aqueles usuarios que se puidesen ver afectados para que tomen as medidas oportunas.
Dereitos:
O usuario poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante o responsable do tratamento na dirección anteriormente mencionada ou por correo electrónico a colexio@enfermerialugo.org, achegando copia do seu DNI ou documento equivalente, ou directamente ante o delegado de protección de datos. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia de Protección de Datos competente, sendo esta a Axencia Española de Protección de Datos, cuxos datos de contacto están accesibles en https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/reclamacion.jsf.
Directrices éticas
A publicación de artigos científicos involucra a varios axentes, entre os que se atopan a editorial, a dirección da revista, os avaliadores dos traballos e os autores. De cada un deles espérase unha conduta ética referida a uns principios, na nosa revista inspirados parcialmente nos que proporciona o Committee on Publication Ethics (COPE) Best Practice Guidelines.
Editorial
A editorial proporciona asistencia e apoio técnico á dirección da revista no uso da plataforma web e mantén o software actualizado e en condicións de facilitar o proceso de envío, avaliación e publicación dos traballos. Colabora tamén coa dirección da revista na súa indexación e na facilitación de información sobre aqueles requisitos que contribúan a un mellor posicionamento da mesma nas clasificacións habituais. En xeral, axuda ao incremento da calidade editorial da revista e á súa mellor e maior visibilidade, internacionalización e impacto.
Dirección da revista
A dirección da revista asegura que os manuscritos enviados son avaliados atendendo exclusivamente ao seu contido intelectual, sen ter en conta a raza, xénero, orientación sexual, crenza relixiosa, adscrición política ou escola filosófica dos autores. Garantiza a confidencialidade dos traballos, non revelando a identidade dos mesmos a outros actores que non sexan os membros autorizados da editorial, os avaliadores potenciais, os avaliadores efectivos ou o consello de redacción da revista. A dirección da revista pode rexeitar a publicación dun traballo por non cumprir este os requisitos formais esixidos ou por tratar unha temática allea ao seu ámbito. Debe comunicar, dentro dos prazos establecidos, unha vez vistos os informes dos avaliadores e oído o consello de redacción, a aceptación ou rexeitamento dos traballos presentados.
Avaliadores
Os avaliadores deben rexeitar o encargo de valorar un traballo se non se recoñecen cualificados na área temática do mesmo ou se non poden asumir a avaliación dentro do prazo que establece a revista. O informe de avaliación debe ser obxectivo e debe expresarse de maneira razoada e clara. Debe evitar alusións ad hominem, ofensivas ou humillantes, e os comentarios deben perseguir a mellora do traballo. Os manuscritos recibidos deben ser tratados como documentos confidenciais e o seu contido non pode ser usado en traballos propios. Os avaliadores deben rexeitar avaliar artigos cando exista algún conflito de intereses derivado dunha eventual relación, pasada ou presente, cos autores do traballo ou coas institucións das que estes dependan.
Autores
Os autores deben enviar traballos que presenten unha investigación orixinal sobre un tema claramente identificable e non previamente publicado. Non deben enviar traballos que inclúan unha parte substancial de outros xa publicados. Os traballos deben redactarse de modo que poidan ser comprendidos ou replicados polos avaliadores. Se se usan ideas doutros, deben ser claramente referenciadas; o plaxio é unha conduta inaceptable e a súa detección implica o arquivo do traballo ou a súa retirada da páxina web, se xa fora publicado. No caso de coautoría, son autores dun traballo todos os que contribúen significativamente ao mesmo; cada autor debería ser capaz de identificar de que partes do traballo son responsables os outros coautores e debe gardar confidencialidade dos diversos contidos ata que o artigo sexa publicado. O envío simultáneo do traballo a outra ou outras revistas é condición suficiente para o seu arquivo. Se no proceso de edición os autores descobren erros ou impropiedades no seu traballo, comunicarano coa maior celeridade ao director da revista e colaborarán na súa subsanación. Os autores deberán facer constar o posible conflito de intereses entre as conclusións do seu traballo e as fontes de financiamento do mesmo.
Estas directrices están en consonancia co código ético do Ilustre Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo, editor da revista.
BY-NC-ND 4.0