Buscar
Buscar

Residencias públicas 3ª edade e centros AT. discapacitados dependentes da XUNTA DE GALICIA

14/06/2019

Substitucións persoal laboral na categoría de Enfermeiros/as  en residencias públicas da terceira idade e centros de atención a discapacitados dependentes da Xunta de Galicia (Residencia de Monforte de Lemos, Residencia de Burela, CAPD de Sarria, Residencias de As Gándaras e Milagrosa en Lugo).

 A incorporación a esta listaxe é inmediata e sería fundamentalmente para a cobertura de períodos de vacacións. A non aceptación de chamamentos non ten consecuencias de cara a suspensións nin incidencia noutras listaxes nas que puideran estar incorporados/as.

 Modelo de instancia e documentación:

– Fotocopia do DNI.

– Fotocopia da titulación académica.

– Fotocopia da certificación do curso de perfeccionamento da lingua galega ou CELGA 4.

– Fotocopia compulsada dos documentos acreditativos dos méritos: cursos de formación, contratos, vida laboral …

A solicitude e documentación pode achegarse ben de forma presencial (servizo de coordinación administrativa, Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, Ronda da Muralla 70)  ou a través de correo electrónico: coordinacion.tb.lugo@xunta.gal

 Para máis información:  Teléfono:  982 29 43 45 Correo electrónico: coordinacion.tb.lugo@xunta.gal

 A incorporación a este listado é independente da incorporación ás listas reguladas no Decreto 37/2006, procedemento que se  explica a continuación:

https://www.xunta.gal/funcion-publica/contratacion-temporal/xeracion-de-solicitudes

(https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190228/AnuncioCA01-220219-0004_gl.pdf) indica que o prazo para solicitar a inclusión nas listas remata o 15/07/2019. A incorporación a esta lista tería efectividade no ano 2020.

Posted in Ofertas Empleo by Noticias Enfermería Lugo