Buscar
Buscar

San Froilan 2018 ” NON É NON”. Participa nunhas festas libres de agresións sexuais

11/10/2018
A Casa da Muller, e a Concellería de Igualdade, en aras de  previr e sensibilizar contra as agresións sexuais no noso concello baixo o lema:
“NON É NON”
Participa nunhas festas libres de agresións na que todas e todos temos que involucrarnos.
Preocúpanos a escalada de actos sexistas que se producen e amparan no ambiente festivo e os excesos, preténdese chegar a toda a poboación e buscar o compromiso para que non se produza nin unha sola agresión máis.
obxectivo é facer un chamamento ao lecer dende a liberdade e o respecto e previr actos e actitudes sexistas, co fin de acadar que non se produzan agresións.
EN SAN FROILÁN “NON É NON”

O Concello de Lugo a través da Casa da Muller, contará co punto violeta   ubicado no fondo da praza Horta do seminario esquina coa Rúa Angel López Pérez  sendo un posto físico no fondo da praza Horta do Seminario con dúas/ous profesionais contratadas/os: psicólogo/a e educador/a (ou traballador/a social) e voluntarias/os paseando polo recinto feiral e polo centro de Lugo informando e sensibilizando.

Tamén, no parque Rosalía de Castro, os postos de socorro e forzas de seguridade son espazos de atención no feiral do San Froilán.
Lugo libre de agresións e anima a tódalas veciñas e veciños a que, ante calquera situación que puidese resultar sospeitosa, avisen e/ou dean a voz de alarma denunciando estes feitos a través dos teléfonos de Emerxencias (112), Policía Local (092) ou Corpo Nacional de Policía (091) ou chamando aos teléfonos gratuítos e sen pegada de atención á Muller (016) e (900400273)

Descargar (PDF, 1.03MB)

Novedad en Blog/Noticias por Noticias Enfermería Lugo