Buscar
Buscar

Campaña de vacinación da gripe 2018: súmate e difunde “Eu vacineime. ¿E ti?”.

11/10/2018

O COE informa sobre o inicio da campaña anual de vacinación antigripal 2018.

  • Inicio profesionais:                                           Inicio poboación:                            
  • 15 de outubro                                                      22 de outubro ata 28 de decembro
 Dende o Colexio pedimos a túa cooperación na difusión desta campaña, que como ben sabes está dirixida fundamentalmente ás persoas maiores así como a todas aquelas pertencentes a algún grupo de risco, e facendo tamén un especial fincapé en todos os traballadores que pola súa profesión poden ter un maior risco de transmitir esta infección a persoas vulnerables como é o voso caso.
Os profesionais sanitarios non só temos o risco de contaxiarnos durante o traballo, se non que, tamén podemos transmitir a gripe os pacientes e usuarios que atendemos:

 

SÚMATE A CAMPAÑA: “Eu vacineime. ¿E ti?”

A gripe é unha enfermidade moi transmisible que pode orixinar graves consecuencias para a persoa que a padece, o obxectivo fundamental desta campaña de vacinación é reducir a súa incidencia e a diminución das complicacións, así como do risco de hospitalización e morte relacionadas con ela.

INFORMACIÓN PROFESIONAL DA CAMPAÑA 2018

 POBOACIÓN DIANA
  • Persoas de 60 ou máis anos, especialmente as persoas de 65 ou máis anos.
  • Residentes en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención crónicos).
  • Mulleres embarazadas en calquera trimestre da xestación.
  • Nenos e adolescentes (de 6 meses a 18 anos) con tratamentos prolongados de ácido acetilsalicílico.
  • Persoas menores de 60 anos e maiores de 6 meses con patoloxías de risco (definidas na instrución).
  • Profesionais de centros sanitarios, servizos e establecementos sanitarios.
  • Estudantes en prácticas en centros sanitarios.
  • Persoas que traballan en institucións xeriátricas ou en centros de atención a enfermos crónicos.
  • Persoas que proporcionan coidados domiciliarios a pacientes de risco ou a persoas maiores.
  • Membros da familia e conviventes (incluídos nenos) de persoas pertencentes a grupos de risco.
  • Persoas que traballan en servizos esenciais para a comunidade.
  • Traballadores expostos directamente ás aves domésticas ou porcos nas granxas ou explotacións avícolas ou porcinas, e tamén ás aves silvestres.
 VACINAS DA CAMPAÑA
  • VaxigripTetra®: mulleres embarazadas e persoas de 6 meses a 14 anos pertencentes a grupos de risco.
  • Afluria®: persoas de 15 anos a 74 anos.
  • Chiromas®: persoas de 75 ou máis anos e as ingresadas en residencias de 65 ou máis anos.
 Utilización de vacina tetravalente para as mulleres embarazadas e menores de 15 anos pertencentes a grupos de risco.
Posted in Blog/Noticias by Noticias Enfermería Lugo